Rega Jul, Irene (1996-)

Tecendo redes / Irene Rega Jul - 1ª ed. 1ª reimpr. - Vigo : Galaxia , 2023 - 250 p. ; 21 cm - (Literaria ; 492) .

Premio Novela Vilar Ponte 2022

Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida?
Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir con Bruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coa nova do asasinato do catedrático e Verónica non tarda en se converter na principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súa existencia, pero non era a única.
Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa. Unha lectura trepidante que te deixará sen alento.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788411761550


Narrativa galega
Intriga
Misterio
Víctimas de abuso de poder

82-NG

Coa tecnoloxía Koha