Cervantes Saavedra, Miguel de
Don Quijote de la Mancha I /Miguel de Cervantes - 1ª ed - : Vicens Vives ,2015 - 653 p. :il. cor. ;19,5 cm
Cervantes escribiu o Quixote coa intención de parodiar os libros de cabalería, que consideraba un simple disparate. Para conseguir o seu propósito, ideou a historia dun cabaleiro que tolea ao ler as inverosímiles fazañas de heroes como Amadís de Gaula e, como os cabaleiros andantes, toma as estradas para axudar aos necesitados. En compañía do afable e crédulo Sancho Panza, Don Quixote participa nunha serie de aventuras que, máis que exaltar a súa figura, provocan a hilaridade do lector. Porén, Don Quixote é moito máis que unha simple novela de humor, xa que constitúe unha lección maxistral sobre a grandeza e a miseria da condición humana. Da man dun heroe que actúa como un tolo pero que moitas veces razoa cunha cordura admirable, Cervantes revélanos a importancia dos ideais, ilúrnanos sobre o valor da liberdade e da xustiza e advírtenos de que non sempre é doado distinguir a realidade da aparencia.
Este volume ofrece unha selección moi representativa do Quixote que inclúe dez capítulos da Primeira Parte e outros dez da Segunda. A anotación do texto, de Silvia Iriso, aclara todas as dificultades que a obra presenta para o lector de hoxe, mentres que o prólogo, de Gonzalo Pontón, trata sobre o rigor e a amenidade con todos os seus aspectos fundamentais e inclúe un resumo de toda a novela. A edición contén ilustracións de Svetlin e complétase cun apartado de actividades de Agustín Sánchez Aguilar.
1º-2º BAC
9788468222196
Cabaleiros
Humor
Loucura
Xustiza
Sátira
Resumos
82 N