Villar Janeiro, Helena (1940-)

De rosa antiga : 50 anos de poesía (1972-2022) / Helena Villar Janeiro - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2022 - 153 p. ; 22 cm - Dombate ; 106 .

"De rosa antiga" pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía; unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972). Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.

9788491519225

82-P

Coa tecnoloxía Koha