Diálogos de mortos; Diálogos mariños / Luciano de Samósata
por Luciano de Samosata [autor/a]; Amado Rodríguez, María Teresa [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Cangas do Morrazo : Rinoceronte , 2017 Edición: 1ª ed.Descrición: 150 p. ; 22 cm + índice de nomes propios.ISBN: 9788492866847.Materia(s): Filosofía | Literatura clásica | Diálogos | Sátira | Humor | Mitoloxía | Hades | GreciaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Ao instruílos as divindades infernais nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha realidade sen ningunha das prebendas anteriores. En Diálogos mariños, os interlocutores son divindades vencelladas ás augas, ninfas, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de xeito cómico. Céntranse case todos nas aventuras amorosas, e destacan os aspectos máis ridículos nun ton amable e lixeiro, sen crítica, como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que quere arrincar un sorriso.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES de Melide Sala préstamo | 875/LLUC/DIA | Dispoñible | CED113000002992 |
|
Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Ao instruílos as divindades infernais nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha realidade sen ningunha das prebendas anteriores.
En Diálogos mariños, os interlocutores son divindades vencelladas ás augas, ninfas, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de xeito cómico. Céntranse case todos nas aventuras amorosas, e destacan os aspectos máis ridículos nun ton amable e lixeiro, sen crítica, como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que quere arrincar un sorriso.
1º-2º ESO